DENDE FÓRA | O |
06 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.EU NON sei si son parvo, pero hai cousas que non entendo. Que un ministro diga unha burrada, eso si que non. Entón me pregunto: ¿Como poden estar asesorados os nosos políticos, cando alguén do poder propón rebaixar o imposto sobre o valor engadido (IVA) así polas boas, cando máis ou menos todos sabemos que este imposto non se modifica así, porque lle dá a gana a un? Teño que lembrar que o IVA é un imposto que inventaron os franceses no ano 54 e suprimía outras once taxas. O que máis e o que menos sabe que hoxe en día esta taxa está regulada por Europa, que fixa un mínimo e un máximo, que os países poden usar. Hai tres categorías que son o normal, o reducido e o súper reducido. Pero me digo eu, ¿estes asesores, de seguro cargados de másteres e diplomas, como non saben dicirlle a un ministro que esto non se pode facer? ¿Como un ministro que de seguro leva anos e anos na política descoñece esto? ¿Quere dicir esto que calquera pode ser un ministro? Coido que sí, pero entón calquera pode ser asesor. Pois sí que imos ben... Deus nos colla confesados, diría algún amigo meu. Porque o que parece unha carallada é máis ben unha falta de coñecementos e da realidade actual. Hoxe, a maior parte da política se decide fóra do país: en Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo, ou sexa, en Europa, alo menos a económica.