A proba do algodón

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

30 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

QUEN SIGA as miñas opinións nesta columna decatarase de que o tempo, desventuradamente, dame a razón. Francia é a nosa ovella negra. Aquel exultante sorriso de Jacques Chirac diante de Zapatero xa ten as primeiras repercusións no aceite, no algodón e no tabaco. Supoño que as recomendacións sanitarias de combater o colesterol co aceite de oliva virxe poderán ser substituidas polo talante europeísta ZP. O do algodón pode ser por aquilo de que Napoleón, en 1812, mentras lles facía un recibimento con toda honra aos artesáns algodoeiros do norte de América e ás súas máquinas e aparellos para establecer as manufacturas francesas, empregaba uns dez mil prisioneiros españois na construcción dun arsenal militar duns 28.000 metros cadrados en Dunquerque. E o do tabaco, para avisar aos canarios de que teñen que achegarse máis a Marrocos, onde os franceses teñen moitos intereses. Segundo Greenpeace son os pescadores españois os que respectan as recomendacións que a ONU fixo en 1995 sobor das artes de deriva, introducidas en 1987 por Francia, xunto co arrastre peláxico. Faltaría máis, este país ten dereito de veto, polo que, lóxicamente, nunca poderá saír unha verdadeira resolución prohibitiva do esquilmo mariño. Xa veremos o que pasa agora coa nova Constitución Europea sin un anoxante Aznar.