DENDE FÓRA | O |
07 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NAS NOSAS aldeas rexe, por veces nese micromundo, unha lentitude extrema que fai que o tempo adquira alí unha media diferente. Máis hai un tempo natural, adubado polo arrecendo da mazá reineta, a vendimia ou a sementeira. Esto non suporía ningún atranco para que a estas zonas dea en chegar unha información puntual. O problema en cuestión non é saber ou non saber, estar ou non estar. Estes habitantes do rural en perigo de extinción mastigan tal cantidade de datos e sobreviven no intento. Tamén aos nosos paisanos lles preocupan os últimos sucesos acontecidos en Madrid. Máis a cantidade de terroristas por metro cadrado que xa nos deran en habitar denantes do 11-M. Preocúpalles que os servicios de intelixencia españois andiveran de pallas malladas a velas vir, cando xa o lobo estaba a devorarnos. En moitas das vivendas rurais penduran manifestos de «Nunca máis», «Non á guerra», e subscriben toda a insensatez que estamos vivindo. Na miña aldea, por aquelo da modernidade, un veciño sigue con veneración toda a información a través das canles internacionales, logo, pola noite, xuntámonos a contrastar toda a información que el vai apilando nunha libreta. De tódolos xeitos, o home de Caroleira segue a leer dous únicos xornales por semana. Non lle dá máis o tempo, ou non quere. Eso sí, fai unha lectura completa, lento pero seguro.