Barbanzóns

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

07 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

VOU DICIR que os proxectos empresariais ou comerciais non só xurden nas grandes cidades. Vou poñer un exemplo, Noia, que tampouco é unha referencia de actividade industrial e de iniciativas. A soa idea que eu lembro foi o centro de promoción turística. E xa choveu dende entón. Non, hoxe vou falar dun proxecto que culturalmente tén o seu interese. Voume referir a algo que participa modestamente en prol da defensa da nosa lingua e, consecuentemente, da nosa terra. E dígoo porque este xornal é un exemplo claro da defensa das dúas cousas, pero de vez en cando temos que lembrar ós pequenos, e así é, por exemplo, a editorial Toxosoutos. Unha empresa con poucos recursos, que en menos de dous anos saca adiante dúas publicacións que teñen que ver cun xénero moi espallado no noso país, como é a banda deseñada. Temos que saudar, desexándolle os mellores éxitos, a saída perante este ano da serie Galica en cómic , onde Noia e Santiago son os primeirísimos números. Non contentos con isto, Toxosoutos prepara o que vai ser a revelación da banda deseñada: Os barbanzóns . Hai que saudar estas ideas, por pequenas que parezan, en prol da nosa cultura, desexándolle o éxito que merecen. Se é posible, que haxa outras iniciativas coma ela, sexa no eido que sexa. Todo é bo.