Consumo

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

30 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

FACER NEGOCIO do ocio é unha importante fonte de ingresos para moitas casas comerciais. Cousas que non precisabamos hai cinco anos, agora fánsenos imprescindibles. O móbil, sen ir máis lonxe. Agora, mesmo os hai que sacan fotos ou que che permiten navegar por Internet. A finalidade é a de estimular o consumo. Cada vez é máis difícil distinguir o que en verdade se precisa.