Falta de vacacións

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

29 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

TODO ESTÁ fastidiosamente baixo mínimos. Case a comezos de agosto parece que non se move nin unha palla en ningún sitio. A Administración está imposible, os hospitais baleiros e ata os periódicos saen tristemente descafeinados, coma se có calor non pegaran eses temas densos e sesudos que nos entreteñen noutras épocas do ano. O mundo debía pararse en agosto e baixarnos todos, bueno todos menos os alcaldes que, polo visto non son capaces de desconectar do traballo no seu período vacacional. Hai que ver as cousas que se din para quedar ben coa prensa e parecer o demo de traballadores. É como se todo o mundo se puxera de acordo para parar ó mesmo tempo e facernos uns fotocopias doutros. Ir ós mesmos sitios e facer as mesmas cousas, á máis das veces totalmente estúpidas. Pena que en outubro ou novembro non nos dea por pensalo friamente. Creo que me empezou a cansar o verán, con todo o que me gustaba. Pero é que se me fai difícil ver como a xente anda a ver quen menos fai e por enriba estrañados de que aínda sigas traballando. Sempre me gustou andar de papatoria... Non sei se terei falta dunhas vacacións.