O cine en verán

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

12 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

OS FILMES que se estrean en verán deixan moito que desexar. Os argumentos son ben pobres e a variedade sintetízase en dúas opcións: risa floxa e patadas no aire, isto é, unha auténtica sobredose de tonterías e acción. E se o cine baixa a calidade, tamén a televisión, que aposta pola repetición de películas xa moi vistas, ou pola proxección de filmes de segunda que ninguén quer ver.