Leria@galicia. es

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NESTES DÍAS ten lugar en Santiago a terceira Semana Internacional das TIC -tecnoloxías da información e da comunicación- ou dito dun xeito máis sinxelo, unhas xornadas dedicadas ó mundo das novas tecnoloxías e á súa aplicación á nosa vida cotiá. Nestas cuchipandas, xa lles adianto que son moi escéptico nestes temas, xúntanse executivos de grandes compañías, expertos en comercio electrónico, políticos de camisa de seda e algún que outro hacker para falaren de cómo vai ser o noso futuro, todo cheo de ordenadores e máquinas que nos farán a vida máis cómoda. As nosas casas, prevén, serán lugares funcionais totalmente automatizados onde para facer cousas tan habituais como a compra ou a colada chegará con apretar un par de botóns. Por contra, na nosa zona aínda hai moitos fogares que nin sequera teñen acceso a Internet e tristemente a este ritmo tardaremos aínda moito en telo. Pero ¿que pasa aquí?, ¿que teñen na cabeza os que mandan? Nesta Galicia do século XXI onde as vacas tolean, os barcos van a pique ou miles de persoas non saben que é Internet, fannos conferencias para dicirnos como será a nosa vida no futuro gracias ás máquinas. Meu Deus. Canta leria punto com hai aínda .