Sol de primavera

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

07 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ACHÉGASE O momento de lucir tipo. Moitos veciños aproveitan estes días de sol para coller un bo bronceado -iso dos raios UVA-, como tamén arrecian as bicicletas polos camiños e as táboas de surf nas bacas dos coches. Os xoves son quen o teñen máis claro: a Semana Santa está aí diante, ergo ven xente nova, ergo hai que ligar. Xa se sabe o que pasa coa sangue na primavera.