«As nenas anímanse cada vez máis a practicar deporte»

Xoán Ramón Alvite Alvite
X. R. Alvite CORRESPONSAL | MAZARICOS

BARBANZA

O técnico mazaricano considera que o estado das instalacións municipais é fundamental á hora de organizar actividades físicas para os veciños

06 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?ende comezos do exercicio en curso, Xosé Facal encárgase das escolas deportivas de baloncesto, fútbol sala e voleibol do municipio de Mazaricos. Nelas participan numerosos mozos do concello. -Cada Concello ten a súa propia idiosincrasia. En xeral, si hai tradición deportiva, a organización de actividades soe ser boa. Hai condicionantes coma o do número de habitantes, o grao de dispersión da poboación ou o número e estado das instalacións deportivas. -¿En que estado soen estar as instalacións? -Depende moito de cada Concello e, como é lóxico, do número de potenciais usuarios. Unha alta porcentaxe están clamando por unha reforma. Onde máis se deixa ver este deterioro é nos concellos rurais e con poucos habitantes. -¿Cales son os deportes con máis éxito? -As escolas deportivas, e son un reflexo do deporte profesional. Neste sentido o fútbol é sen dúbida o deporte máis demandado. -¿Quen son máis participativos, as nenas ou os nenos? -Son máis os participantes masculinos, aínda que as nenas anímanse cada vez máis a practicar deporte. O noso obxectivo é romper coa crenza de que certas actividades son para nenos e outras para nenas. -¿Dende os colexios hai boa disposición para colaborar nestas actividades extraescolares? -En xeral hai moi boa disposición. O seu papel é fundamental, pois teñen que iniciar ós nenos na actividade física. -¿Canto tempo leva vostede dedicándose profesionalmente a este tema? -Levo sete anos neste mundillo, un período suficiente para darse conta de que aínda queda moito por facer.