Luz Chouza Resúa, presidenta da Asociación de Veciños Sartaxas de Xuño Luz Chouza é unha namorada do cinema dende sempre, sobre todo das películas de temática social. Precisamente, na actualidade traballa no departamento de producción dunha empresa audiovisual radicada en A Coruña. Iso non significa que abandoara a súa parroquia natal, Xuño, no concello de Porto do Son. Mais ben todo o contrario: o seu cargo como presidenta da Asociación de Veciños Sartaxas permítelle manter o contacto con moita xente e aprender cousas dela. Durante o día de hoxe vaise celebrar no lugar a Festa da Orella, que organiza tódolos anos o colectivo veciñal, e que se espera que se encha de público.
22 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Luz Chouza, como presidenta da Asociación de Veciños Sartaxas, colabora na elaboración das orellas, que serán as auténticas protagonistas da festa que hoxe ten lugar na parroquia sonense de Xuño. Este ano prepáraranse 150 quilos de producto, o que supón un gran traballo. Ademais das viandas máis populares da xornada, tamén haberá outros exemplos da gastronomía local, como as tradicionais empanadas de variados sabores. ¿¿Como chegou á presidencia da asociación? ¿Hai tres anos que son a presidenta da entidad, dende setembro de 1999. Pasa o de sempre, que nun principio colaboras co grupo, pero nunca te chegas a implicar o suficiente. A min eso non me enchía de todo. Cando a anterior directiva abandonou os cargos, aproveitei para empezar a participar máis na asociación, así que aceptei sen dubidalo cando me escolleron para presidenta. ¿¿E como é agora a súa situación dentro de Sartaxas? ¿Agora implícome máis, pero moitas veces aínda me dá apuro falar ante o público. O anterior equipo fixo moi ben o seu labor. O ano que vén, a asociación vai facer 25 anos. ¿¿Que tipo de actividades levan a cabo no grupo? ¿Agora mesmo estamos coa Festa da Orella. Nesta época a asociación ten unha fase na que actúa de comisión de festas, porque despois veñen as celebracións de Santa Mariña, o 18, 19 e 20. Ademais, tentamos de mirar polos intereses da parroquia. Organizamos cursiños de fotografía, informática, ximnasia de mantemento, coa colaboración da Asociación de Pais de Alumnos. ¿¿Participan os veciños? ¿A maioría da xente non participa, pero nós seguimos intentándoo, e ofrecémoslles actividades que lles poidan resultar interesantes e útiles. ¿¿Será que a xente do campo xa ten cousas dabondo que facer cada xornada? ¿Si, pode ser. Moitos veciños pasan o tempo cos labores do campo, cos animais... É un xeito de vida distinto. ¿¿Tódolos membros da entidade son rapaces novos? ¿Pensamos que a xente nova é a que ten máis cousas que aportar, pero mobilízase pouco. Dos que estamos na asociación hai xente de idades moi variadas e todos poñen o seu gran de area. A min serviume de moito estar aquí. Estamos dende o maior, que é Pepe de Vilas, ata a máis pequena, que é unha rapaza de 24 anos. ¿¿Formara parte dalgunha entidade antes de entrar nesta agrupación sonense? ¿Non. Antes non facía gran cousa, ou polo menos nada que se puidese considerar relevante. Por exemplo, estiven nunha asociación de protección ós animais, pero non era unha actividade nada comprometida. ¿¿É un traballo duro exercer como presidenta dun colectivo de carácter veciñal? ¿Empecei con moitas gañas, pero, ó pasar o tempo e ver que a xente non colabora moito, valo deixando un pouco. Eu, como estou fóra, non lle podo dedicar a este labor todo o tempo que quixera. De momento, seguimos intentando conseguir subvencións para facer algúns cursiños máis para os veciños. Pero dalgún modo si que é duro dirixir unha entidade. ¿Dixo que pasa moito tempo fora, ¿onde traballa? ¿Estou traballando en A Coruña, nunha productora audiovisual. Formo parte da área de producción, na que exerzo a actividade de caixeiro pagador. ¿¿Que proxectos ten en marcha a súa empresa? ¿Están facendo unha película, unha «tv-movie» (telefilme) que se titula Secuestrados en Xeorxia , e conta a historia do secuestro de dous empresarios madrileños que estiveron un ano retidos na república ex-soviética. Está baseada nun feito real que saíu nos medios de comunicación aínda non hai moito tempo e que tivo gran repercusión. ¿¿Está satisfeita co traballo que está realizando na actualidade na súa productora? ¿Si, porque a min sempre me gustou o cine, dende que era moi pequena. Entón, dalgunha maneira estou cumprindo co meu soño de sempre. ¿¿Cal é tipo de películas que máis lle gustan? ¿Gústame o cine de carácter social. As miñas películas preferidas son as de Ken Loach, por exemplo. Dos últimos filmes que vin, encantoume o arxentino O fillo da moza .