Plácido Betanzos asegura que non hai fisuras no BNG ribeirense e que a súa dimisión débese só a cuestións personais e ó feito de que considera que dez anos na política municipal son bastantes. -O BNG non medrou o esperado nas autonómicas e isto propiciou un debate entre as diferentes faccións. -En Ribeira medramos. Temos unha liña electoral ascendente. -Pero a UPG move fichas. -No municipio non hai problemas no traballo asambleario. Estase a facer coma sempre. Non hai fisuras. -¿Esperan seguir sumando novos concelleiros nas eleccións? -Esperamos aumentar o número de votos e reducir o máximo posible os apios do PP, que é o noso enimigo político. -¿Quen considera a persoa máis axeitada para sustituilo na candidatura do BNG á alcaldía nos videiros comicios? -A asamblea é quen máis ordena e o que decida a asamblea ben feito está. -¿Estará presente nas deliberacións? -Acudirei ás reunións e poderei dar a miña opinión como militante de base. -Lévase algún mal sabor de boca do traballo político municipal. -Non teño recordos negativos. Miro todo cunha visión positiva. Fixen o traballo coas mellores enerxías positivas.