Ravella anuncia o inicio inmediato dos traballos de reforma da rúa Bouza de Abaixo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O Concello finalizou xa os trámites previos

18 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

As obras da reforma integral da Bouza de Abaixo, unha das rúas principais de Vilaxoán, comezarán de inmediato. Isto será posible despois de que a Xunta de Goberno procedese a nomear á dirección de obra e a coordinación do plan de seguridade. No primeiro caso recaeu na empresa Proyectos y Obras de Estructuras e Instalaciones, SL, cun importe de 13.500 euros, e no segundo, na arquitecta Olalla Ríos Riveiro, por 10.900 euros. En total, actuarase sobre 2.200 metros cadrados nunha rúa de algo máis de máis de trescentos metros de lonxitude. O vial comunica a avenida de Cambados co parque de dona Concha, ao pé do porto, pasando por un dos elementos patrimoniais máis significativos de Vilaxoán, o pazo de Pardiñas. A plataforma será única, con prioridade peonil e, como vén sendo habitual, aproveitarase para renovar todas as instalacións.