O Concello de Vilagarcía adxudicou a ampliación do saneamento

G. B. BANDÍN / R. E. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Trátase das obras na rúa Torre de Guillán e Bernardas que incorporará 437 metros de tubaxe

05 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Goberno Local adxudicou onte a ampliación do saneamento na rúa Torre de Guillán e Bernardas. Entre as oito propostas presentadas, a obra foille outorgada a Construcciones Vale, a mesma que se encargará das obras na avenida Rosalía de Castro.

A decisión cimentase no feito de que a oferta aumenta tres anos o prazo de garantía (chegando a un total de catro) e reduce lixeiramente o custo, de 89.000 aos 83.000 euros. A obra, que ten un prazo de execución de tres meses, permitirá dotar do servizo a vinte vivendas que agora están por debaixo da rasante do colector.

O traballo ten contemplado a ampliación da rede dende a rúa Bernardas e discorrendo pola zona de servidume de Rego de Guillán. En concreto, implica a colocación de 437 metros de tubaxe e a construción de varios pozos de rexistro prefabricados con formigón. Finalmente repoñeranse os 620 metros cadrados do pavimento afectado na actuación.

Mantendo a liña que favorece a chegada dos servizos en todos os puntos da localidade, Ravella leva máis de trinta obras. O alcalde, Alberto Varela apuntou que «este paso é unha nova mostra do compromiso co rural, e de que resolvemos e cumprimos coas peticións dos veciños coas que nos comprometemos».