A Bandeira Porto de Vilagarcía contará cuns 500 remeiros

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

Disputaráse en Vilaxoán na tarde deste sábado

17 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O remo volverá ás augas de Vilagarcía este sábado. Desde as catro da tarde, no porto de Vilaxoán, uns 500 deportistas de Pontevedra mediránse na Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía.

Será a oitava proba do calendario da Territorial Sur, que contará con doce categorías en competición: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub 23 e absoluta, femininas e masculinas. A proba estará organizada polo club local, o C.R. Vilaxoán, que tras dous anos de inactividade comezou o pasado outono un longo proceso de reconstrución practicamente desde cero. O seu presidente, Gelo Tarrío, agradeceulles á Autoridad Portuaria e ao Concello de Vilagarcía o seu apoio ao evento. O presidente da primeira, José Manuel Cores, enmarcou a colaboración do Porto no seu apoio ao deporte base e ao vencellado ao mar.