Incendios en Vilagarcía e Valga pouco antes de que empezara a chover

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Nos dous casos había casas cerca, pero non houbo que lamentar males maiores

01 sep 2022 . Actualizado a las 17:11 h.

Antes de empezara hoxe a chover, onte pola noite rexistráronse dous incendios en Vilagarcía e Valga. No primeiro caso ocorreu no monte Penedo, en Cea, e arderon uns mil metros cadrados de monte baixo. O suceso mobilizou un amplo dispositivo debido á cercanía de varias casas. En Valga as alarmas saltaron tamén de madrugada no lugar da Gándara a raíz dun conato de incendio que se orixinou nunha leira. Cando chegaron alí os servizos de emerxencia, xa o lume estaba controlado sen perigo para as vivendas da zona.