Os grandes músicos que vivían ao lado

Vilagarcía recordou onte a Os Campaneiros


É fermoso o son da gaita. Fermoso como todos eses sons que están sintonizados con nós. Onte, en Vilagarcía, a música dese instrumento movíase polo aire. A todas as horas. Dende a mañá, ben cedo, cando un grupo de amigos tocaba debaixo dos soportais do auditorio, protexidos pola pizarra da choiva. Pola tarde, nas rúas do centro. E logo, no Salón García, o lugar elixido pola Asociación de gaiteiros galegos para lle por o broche de ouro á xornada de homenaxe a Os Campaneiros, aquel grupo de gaitas de O Sixto que tantos recordan. A xornada foi intensa para quen dela participou. Pola mañá, pouco despois das once, inaugurábase no auditorio unha mostra sobre os músicos. Nela, algúns gráficos permitían descubrir, a quen nos os coñecese, a súa historia. E en varias vitrinas, colocados con esmero, as roupas dos vellos gaiteiros, os instrumentos que tocaban. Nunha pantalla, eles falaban dende un programa de televisión do pasado. E mirando todo iso, a xente. «Vivían do lado da miña casa», comentaban uns cos outros os veciños do Sixto que baixaran, cheos de orgullo, a ver que lle prepararan aos seus afamados veciños. Charlas, conferencias, mesas redondas e obviamente, música, moita música, completaron unha xornada que serviu para facer xustiza. Para darlle fama eterna a quen soubo conquistala con talento e con traballo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Os grandes músicos que vivían ao lado