A lesión de Jean Lauric complícalle a vida ao Vilagarcía T.M. ante o Burgos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

05 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Vilagarcía T.M. adianta a hoxe, a partir das oito da tarde no pavillón da Rúa Castelao, o seu partido da segunda xornada de Liga da Superdivisión. Unha cita que mide o cadro arousán co Universidad de Burgos, conxunto este que vén de sorprender co seu empate a semana anterior ante un Irún Leka Enea de partida entre os aspirantes ao título da máxima categoría do tenis de mesa español.

Liderado polo rumano Kazaku, quen a semana anterior foi quen de derrotar nada menos que o mellor xogador da Liga, o húngaro Kosiba, o Universidad de Burgos atoparáse a un Vilagarcía T.M. con problemas de efectivos.

Por un lado, pola baixa do belga Jean Lauric, que esta semana garda repouso por prescición médida logo de sufrir unha contratura no lombo. Sen el, e ao non atoparse dispoñible o checo Michal Odeslo, con compromiso co seu outro club paralelo esta tempada, o BTK Record de Suecia, o cadro arousán alinea a Sergei Nigeruk e o hispanocubano Renier Cabezas, acompañados do xuvenil de 16 anos Marcelo Recuna. E é que o equipo tampouco pode aliñar o seu xuvenil en dinámica de Superdivisión, Pedro Castro, xa que de xogar en dúas xornadas consecutivas xa non o podería facer na súa Liga ordinaria, a Segunda Nacional.

O club aproveita hoxe o primeiro partido da tempada na casa para presentar a Renier Cabezas, a súa única cara nova este curso.