Vilagarcía quixo levar este ano a celebración das letras aos locais de hostalaría da vila. Así naceu «Petiscando Poemas», unha iniciativa na que as novidades culinarias van da man dos versos de Manuel María. Ata o vindeiro domingo se pode probar tan saborosa combinación nos trece establecementos que se implicaron nesta iniciativa: D?María, Vilagarcía, A Baldosa, Xosés, Derby, O Misterio, Doña Tapa, Compañía e Cía, Dysania, La Parra, Bar de Co e A Marimorena. Pero a homenaxe a Manuel María inclúe outras moitas citas e actividades. Onte, por exemplo, presentouse o último disco de Os Terribles de Arousa. E hoxe, ás once da mañá, haberá unha homenaxe escolar ao poeta (Praza de Galicia, dende as 11 horas). O xoves, ás vinte horas, Margarita Ledo conducirá un debate sobre o documental «Eu son a fala desta miña terra». O venres, á mesma hora e no mesmo sitio, proxectarase «Viaxando con Manuel María», con introdución de Xoán Carlos Garrido. O sábado e o domingo haberá feira do libro.