A escola infantil de Valga inicia o período de inscrición para o vindeiro curso

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Unha  imaxe da escola infantil municipal de Valga
Unha imaxe da escola infantil municipal de Valga MONICA IRAGO

O prazo ficará aberto ata o 31 de marzo para familias empadroadas no municipio do Baixo Ulla

16 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende hoxe e ata o 31 de marzo. Este é o prazo que as familias con pequenos en idade de asistir á escola infantil municipal de Valga teñen por diante para levar a cabo as súas inscricións. Para facelo é preciso cubrir un formulario que poden descargar na web do Concello e na sede electrónica, ou ben solicitalo no departamento de Servizos Sociais. Ademais de indicar os datos do alumno e dos demais membros da unidade familiar, teñen que precisar que réxime solicitan (tipo de xornada, horario e, de ser o caso, tamén comedor.

A documentación que é necesario achegar é o libro de familia, o DNI dos pais ou titores, un certificado de empadroamento e fotocopia da última nómina de cada un dos membros da familia en activo (ou xustificante do último ingreso presentado na conta trimestral, para os autónomos).