Forma parte do programa Agosto Gastronómico
17 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Este domingo, día 17, féchase o prazo de inscrición no concurso Anguía Chef, un certame de cociña aberto a todo o mundo e no que o protagonismo, como o seu propio nome indica, recae na anguía. Organizado polo Concello de Valga, este certame forma parte do programa do Agosto Gastronómico, unha sucesión de eventos que xiran arredor deste peixe e da caña do país, outro dos produtos bandeira desta localidade do Baixo Ulla.
Quen decida sumarse ao Anguía Chef debe saber que terá que cociñar un prato con anguía. E que deberán presentalo o venres 22 de agosto no Centro de Interpretación da Caña, onde a partir das nove da noite o xurado recibirá as distintas propostas e escoitará ás persoas que as elaboraron, a fin de coñecer o traballo desenvolvido nos fogóns. Despois, o xurado terá que escoller as mellores propostas, unha tarefa que debería resultar complicada.
Antes, este martes, no parque Irmáns Dios Mosquera haberá unha demostración de cociña en vivo con Coque e Xoanqui Ameixeiras.