O prazo de inscrición está aberto e a matrícula é gratuíta
17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.No monte de Beiro impartirase, a comezos de agosto, un curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira, organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral e o Concello de Valga. O prazo de inscrición está aberto. O curso, que é gratuíto, desenvolverase do 6 ao 8, polas mañás, e ofrecerá formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector.