A Deputación revisa máis dun milleiro de composteiros en Valga e A Illa

La Voz VALGA / A ILLA / LA VOZ

VALGA

cedida

A campaña chegará a 5.300 familias de toda a provincia

23 mar 2023 . Actualizado a las 16:45 h.

O plan Revitaliza ten en marcha unha campaña de seguimento dos composteiros individuais (COIN) que chegará a máis de 5.300 familias na provincia. Persoal da empresa SM comprobará de maneira paralela á actividade das mestras e mestres compostadores municipais que o proceso de compostar se realiza correctamente en todos os recipientes entregados e controlados pola plataforma Revitaliza, unha aplicación informática que garante a trazabilidade e seguridade de todo o modelo de compostaxe provincial.

A campaña chegará a máis dun milleiro de composteiros na comarca, 204 na Illa de Arousa e 1.005 en Valga, entre outros concellos da provincia implicados neste programa.

As funcións de mantemento son as mínimas de seguimento que se deben realizar e rexistrar: nivel de enchido do material; toma de temperatura; comprobación (semicuantitativa) da humidade do material en proceso; fotografía do composteiro no lugar instalado coa súa data; comprobación visual de ausencia de roedores no interior, de exceso de insectos, presenza de cheiros ou calquera outra molestia observada; e, no caso de presenza dalgún problema, darase unha solución in situ ou cando menos farase un informe para unha posterior solución. Todos estes datos sóbense a aplicación do Revitaliza de xeito inmediato, segundo informa a Deputación.