Os chefs Rocío Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo explicaron de xeito práctico algunhas ideas para elaborar bos pratos con alimentos enlatados ou de bote
04 mar 2022 . Actualizado a las 07:28 h.As conservas foron as protagonistas da terceira entrega da Aula Gastronómica, que tivo lugar o mércores á tarde na casa da cultura de Valga. Os chefs Rocío Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo explicaron de xeito práctico algunhas ideas para elaborar bos pratos con alimentos enlatados ou de bote que, ademais de manter todas as súas propiedades nutricionais, ofrecen a vantaxe da rapidez ao estar xa cociñados.
O máis habitual é empregar as conservas en bocadillos ou ensaladas, pero o certo é que poden servir para improvisar un menú con pratos apetitosos e saudables nun momento non que non dispoñamos de produtos frescos, xa que ofrecen unha gran variedade de posibilidades, dende receitas máis elaboradas ata outras máis sinxelas e rápidas. Como exemplo, as propostas que deste mércores puideron degustar a trintena de participantes no obradoiro «Cociña con conservas» e que foron preparadas paso a paso polos cociñeiros de Indo e Vindo Gastronomía. Empregaron para realizalas diferentes tipos de alimentos de lata ou bote: pescados, mariscos, legumes e verduras.