Os socialistas veñen de presentar unha moción que pretende defender un «servizo esencial»
04 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.O PSOE de Valga vén de presentar unha moción que ten como obxectivo reclamar da Xunta de Galicia un maior apoio para o servizo de axuda no fogar. A presión sobre os servizos sociais municipais, din os socialistas, «está a ser xeneralizada», e un dos maiores gastos é o servizo de axuda no fogar, entre outras cousas, «pola ausencia de actualización da cota que a Xunta debe aportar a este servizo público esencial para a cidadanía». Por esa razón, «considérase urxente que o Goberno da Xunta asuma o copago do total dos usuarios do SAF ordinario en Valga neste contexto de crise sanitaria; así como incrementar a aportación que fai a administración autonómica».
Os socialistas entenden que se trata dun servizo «mais esencial ca nunca durante este ano de pandemia. Precísase dun servizo forte».