Valga prevé que a compostaxe estea implantada en marzo

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

cedida

O sistema de procesado de residuos abranguerá a toda  a poboación do municipio

02 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O plan Revitaliza da Deputación para a compostaxe de residuos está a ter en Valga un dos seus mellores valedores. Grazas a unha distribución exprés de composteiros individuais, con todo o seu equipamento, e da inminente inauguración do segundo centro de compostaxe comunitaria nas inmediacións da Casa do Concello, os responsables municipais agardan que o sistema estea plenamente implantado en marzo do ano vindeiro.

Con 5.900 habitantes, na súa meirande parte no eido rural, Valga calcula que a compostaxe dará cobertura á práctica totalidade da poboación.