Un particular cede a Valga documentos da Casa da Palma

La Voz

VALGA

CONCELLO

17 oct 2019 . Actualizado a las 12:31 h.

O Concello de Valga vén de recibir unha nova cesión de material para o Museo da Historia Local. Trátase dunha colección de oitenta documentos datados entre os anos 1560 e 1900 e relacionados coa Casa da Palma, unha edificación orixinaria do século XVII no lugar de Fontenlo, en San Miguel.

A documentación pertence a José Casal Porto, veciño de Moraña, que asinou xunto ao alcalde, José María Bello Maneiro, o documento de cesión gratuíta da colección co fin de que pase a formar parte dos fondos do Museo da Historia para a súa exposición. A cesión será levada proximamente ante o pleno.

A colección pertencía ao bisavó de José Casal, que foi notario. «Estivo esquecida durante moitos anos ata que un día, revisándoa, vin que era interesante», dos terreos nos que se erixiu a Casa da Palma, «outros relacionados coa renovación da vella igrexa de Valga, documentos da Curia de Santiago dando permiso para a construción dunha capela na honra de San Xoán e Santa María no interior da propiedade e ata unha curiosa cesión por parte do cura».