18 abr 2019 . Actualizado a las 20:15 h.
O Concello de Valga participa un ano máis no programa «Goza do Ulla», co que se quere poñer en valor e promocionar o patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río ata a súa desembocadura en Vilagarcía. Valga deseñou para a ocasión un percorrido polas parroquias de Cordeiro e Setecoros, que levará aos participantes a gozar dunhas fermosas vistas e a coñecer algunhas das xoias patrimoniais da zona como a igrexa do Divino Salvador, o cruceiro máis antigo do municipio e o monte Fontebecha.
A data elixida para a camiñata é o sábado 7 de setembro. O percorrido completo terá unha duración de entre tres e catro horas de dificultade media-ata. Os interesados en participar, pode obter máis información no Concello.