A fervenza de Raxoi en Valga estrea nova pasarela

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MARTINA MISER

O Concello de Valga vén de executar unha actuación de mellora da accesibilidade á fervenza de Raxoi, obras nas que se investiron 7.596 euros e que consistiron na instalación dunha nova pasarela de madeira con escaleiras de baixada a este enclave natural de interese turístico do municipio.

Debido ás inclemencias meteorolóxicas e ao uso, o acceso á fervenza atopábase en mal estado de conservación, de maneira que en ocasións resultaba complicado baixar ata o cauce do río Valga, segundo informa o Concello. A pasarela ten 1.20 metros de ancho e 22 metros lineais; a estrutura é de madeira de eucalipto autóctono e o piso é de tabla de pino tratado. Os traballos fíxoos a empresa local Valdeza e foron moi aboriosos.