O club da Bouza tamén anuncia a renovación do defensa cambadés Truji
10 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A directiva do Umia C.F anunciou onte dúas novas renovacións e a súa primeira fichaxe. Trátase da continuidade do defensa cambadés Esteban Docampo, Truji, e do mediocentro vilagarcián Daniel Bugallo, máis a contratación do irmán pequeno deste último, David, procedente dun dos equipos punteiros da última edición da Preferente, o veciño Céltiga.
Desde o Umia C.F. salientan a súa satisfacción por reunir no seu centro do campo os dous irmáns tras varios anos de intentos sen éxito. Mediocentro ofensivo de 21 anos e gran calidade técnica, David Bugallo formouse nas canteiras do Arousa, do Celta, do Santiago de Compostela e do Pontevedra, axudando xa como sénior a ascender o Portonovo a Preferente antes de converterse en titular consolidado no Céltiga.