15 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
O Concello de Pontecesures disporá, en breve, de ascensor. As obras para construír o elevador comezaron o martes e se inscribe no Plan Concertado da Vicepresidencia para a eliminación de barreiras arquitectónicas. O orzamento da obra é de 60.000 euros, subvencionados por Vicepresidencia. O ascensor permitirá conectar os tres andares do edificio consistorial. O Concello informa que tamén vai tratar de conseguir axuda económica de Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social para melloras na gardería.