Charla sobre o rexistro laboral no Grove

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

CAPOTILLO

Será este martes, no Concello, organizada por Emgrobes

03 jun 2019 . Actualizado a las 15:55 h.

Día 4•18.30 horas•Sala das Cunchas do Concello do Grove• A asociación de empresarios Emgrobes está intentando axudar e solventar moitas dúbidas dos seus socios sobre a nova normativa sobre o rexistro horario laboral dos traballadores. Con tal motivo ofrece asesoramento nas súas oficinas e, en colaboración coa CEP, levará a cabo unha charla con expertos na materia.

charla informativa será impartida por un experto avogado laboralista, o representante dunha empresa que xestiona a implantación deste rexistro da xornada e a asociación cursou a invitación ao Ministerio de Traballo para que acuda algúns inspector ou técnico para aclarar as dúbidas que xurdan.

Desde Emgrobes invitan a participar nesta actividade tanto a empresarios como a traballadores co fin de disipar as dúbidas e garantir os dereitos de todas as partes implicadas.