A apalpadora percorre O Salnés cos seus agasallos

O GROVE

MONICA IRAGO

O gran carboeiro barbudo baixa das súas montañas, desta volta xunta a súa filla, para facer realidade os desexos dos pícaros do Salnés

26 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O gran carboeiro barbudo baixa das súas montañas, desta volta xunta a súa filla, para facer realidade os desexos dos pícaros do Salnés. A Deputación bótalles unha man a esta familia de benfeitores, que percorren as nosas rúas para entregar aos máis pequenos os seus agasallos de Nadal. Logo da súa chegada á Illa, o sábado, hoxe é a quenda doutras tres vilas arousás. A máis madrugadora será Cambados, onde a apalpadora recibirá os meniños no xardín da biblioteca municipal ás 12 horas. Xa pola tarde, a nosa carboeira trasládase a O Grove, para visitar a rúa Castelao dende as 17 horas. A súa última escala antes de partir cara outras bisbarras da provincia é Vilagarcía, a onde chegará a iso das sete do serán. Concretamente á praza de Galicia. Aínda voltará a agarimosa apalpadora unha vez máis por estas terras. Será o xoves, en Catoira, ás 19 horas.