Volve a feira do gando do Mosteiro

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

MONICA IRAGO

Mañá sábado, nas naves do mercado municipal de Meis

12 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá sábado, día 13 de xuño, reanúdase a celebración da Feira do gando do Mosteiro, nas naves do mercado municipal de Meis. Volverá este encontro comercial e no seu horario habitual, e por suposto respectando as debidas medidas de hixiene e seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidade e pola Xunta de Galicia.