Os escaravellos percorrerán a comarca os días 15 e 16

La Voz MEAÑO

MEAÑO

MONICA IRAGO

Os participantes farán noite en Meaño, con festa incluída

24 may 2024 . Actualizado a las 11:06 h.

Meaño acolle os días 15 e 16 de xuño a VIII concentración de Escaravellos do Salnés que organiza a asociación do mesmo nome. O programa arrancará cunha recepción no Hotel Scala (Padrón), seguida dunha visita ao Pazo Faramello, para iniciar ás 16.30 horas unha ruta que acabará en Dena, con cea e festa ambientada nos anos 70. Ao día seguinte, o domingo 16, volverán acenderse os motores rumbo á A Toxa para volver logo a Meaño.

As inscricións para participar poden facerse no teléfono 658 855 383 ata o 2 de xuño. Os prezos por persoa serán de 145 euros, co programa completo e con aloxamento. De 110 euros co programa completo pero sen aloxamento.