Meaño manterá a súa pelexa para reclamar que se manteña pediatría no centro de saúde

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

ALBERTO LÓPEZ

sta é a premisa que move ao equipo de Carlos Viéitez a convocar aos portavoces de todos os grupos políticos do municipio, das asociacións de veciños, mulleres rurais, anpa, de colectivos empresariais e produtivos para consensuar cales serán os pasos a dar

17 nov 2020 . Actualizado a las 09:34 h.

O Concello de Meaño non está disposto a aceptar a supresión do servizo de pediatría no centro de saúde do municipio. O xerente da área sanitaria Pontevedra O Salnés comprometerase a repoñer o pediatra no mes de outubro, e nunha reunión xestionada polo alcalde e á que asistiron todos os portavoces dos grupos, comunicou que iso ía ser complicado. E o alcalde, Carlos Viéitez, quere que a Consellería de Sanidade manteña ese compromiso. «Porque os nenos de Meaño teñen o mesmo dereito a ter un profesional especializado que os de Sanxenxo ou calquera outra localidade», apunta o alcalde.

Esta é a premisa que move ao equipo de Carlos Viéitez a convocar aos portavoces de todos os grupos políticos do municipio, das asociacións de veciños, mulleres rurais, anpa, de colectivos empresariais e produtivos para consensuar cales serán os pasos a dar.

Carlos Viéitez e María Estévez mantiveron ao longo da fin de semana encontros cos representantes de todos os colectivos de Meaño, que coincidiron co grupo de goberno na necesidade de continuar coas xestións iniciadas xa desde o Concello desde o mesmo momento

no que o centro de saúde rexistrou a primeira baixa médica. Viéitez plantexou a convocatoria dunha concentración simbólica, na que un portavoz de cada colectivo representara coa súa presenza os seus socios.