Cela en Catoira

La Voz

CATOIRA

CAMILO FRANCO O LIBRO DA SEMANA

08 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Cela é un escritor prolífico. Pero ten aínda libros segredos que sen modificar as liñas xerais da interpretación da súa obra, engaden aspectos máis ou menos folclóricos. É o caso de Historias familiares, un libro editado en 1998 en Barcelona por Macià & Nubiola, como primeiro volume dunha colección non continuada que levaba como título O vencello catoirán de obras de C.J.C. O libro é unha colección de retratos de parentes, como se dun bestiario se tratase. Cada un deles coa súa historia entre o absurdo e o esperpéntico, descritos con ese humor socarrón e pouco misericorde cos seus personaxes. Historias familiares é un volume para seguidores de Cela que ten como reclamo local esa afición do escritor pola xeografía e no que van aparecendo mencionadas localidades ben reoñecibles para o lector arousán. Tamén, con certa semellanza a Mazurca para dos muertos, Cela vai poboando as páxinas con todo tipo de personaxes secundarios con seus motes para lle dar unha cor local máis intensa.