A cita será o sábado na Xuventude
18 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A banda de música de Castrelo (Cambados) ten preparado un espectáculo moi especial para a vindeira fin de semana. Este sábado, no auditorio da Xuventude, a banda ofrecerá un concerto moi especial a partir das oito e media da tarde. Sobre o escenario, ao carón dos músicos que dan forma ao grupo de música cambadés, atoparase unha muller moi coñecida e moi querida en toda a bisbarra: a soprano vilagarciá Loli Crespo. Ela unirase coa súa voz ao espectáculo que ten sido preparado pola banda de música de Castrelo para este particular ocasión.