O Concello organiza un acto conmemorativo e unha lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
12 dic 2025 . Actualizado a las 19:58 h.A praza do Concello acolleu o mércores unha concentración e un acto de lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. «Celebramos que a dignidade, a igualdade e a liberdade deben ser un dereito para todas as persoas do mundo», defenderon dende a entidade local. No acto, ademais dos concelleiros e concelleiras, tamén participaron o colexio Magariños e o IES Ramón Cabanillas. MARTINA MISER