Centros de todo o concello únense a unha oferta que tamén ten en conta as salas de lectura das parroquias e a Luís Rei
30 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Outubro será en Cambados o mes das bibliotecas, o que significa a chegada dun amplo programa de actividades dinamizadoras da lectura e do galego que se desenvolverán nas diferentes salas de lectura e casas da cultura das parroquias do concello —Castrelo, Corvillón, Vilariño e Oubiña—, ademais de na biblioteca municipal Luís Rei.
Este ano levaranse a cabo tamén accións e eventos en varios colexios — os CEIP de San Tomé, Castrelo, Tremoedo, Corvillón e Vilariño e a escola infantil A Modia— co obxectivo de achegarse aos máis pequenos.
A meirande parte destas citas consistirán en contacontos infantís, todas elas con recomendacións de idade segundo a obra relatada.
O concelleiro de Educación, Liso González, quixo destacar o feito de sumar novas actividades con respecto a anos anteriores «mantendo o compromiso de estabilidade dos orzamentos e sen xerar débeda».