O Premio Cabanillas será para Xosé Carlos López Bernárdez

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Cabanillas ten premio e escultura propios en Cambados
Cabanillas ten premio e escultura propios en Cambados MARTINA MISER

O Concello e as librarías de Cambados faranlle entrega do galardón nunha gala que se celebrará o 7 de xullo no auditorio

24 may 2024 . Actualizado a las 15:39 h.

O Premio Ramón Cabanillas que concede o Concello e as librarías de Cambados recae este ano en Xosé Carlos López Bernárdez, licenciado en Xeografía e Historia e profesor de Lingua e Literatura galegas. López colaborou en varias publicacións sobre Cabanillas, caso do poemario Samos, e asina varios ensaios sobre escritores galegos como Blanco Amor e Rafael Dieste. É, ademais, un especialista na arte de autores como Maruxa Mallo, Colmeiro ou Seoane.

O día 7 de xullo recollerá no auditorio de Cambados o premio Ramón Cabanillas nun acto que comezará ás 21 horas e contará coas actuacións do grupo de música Os Xesteira e de Teatro no Garaxe.

É a vixésimo edición dun premio que, unha vez superada a efeméride, será «reformulado en colaboración coas librarías», segundo explicou o concelleiro de Cultura, Liso González.