Cambados, camiño do 17 de maio

CAMBADOS

MARTINA MISER

O Concello programou unha manchea de actos porque, como indica o concelleiro de Cultura, "moitos son os motivos para celebrar as nosas Letras"

06 may 2019 . Actualizado a las 22:20 h.

Non lle falta razón a Vítor Caamaño, o concelleiro de Cultura de Cambados, cando afirma que «moitos son os motivos para celebrar as nosas Letras». Por iso, o seu equipo prepara cada mes de maio un amplo programa de actos «consensuado cos representantes dos centros de ensino de Cambados», ao alcance dos que se poñen dúas propostas culturais diferenciadas por idades e niveis educativos. Este ano, no que as Letras están dedicadas a Antón Fraguas, para Primaria o proxecto titúlase O Carro. Para Secundaria, O Traxe.

Máis aló las actuacións nos centros de ensino, Cambados elaborou un intenso programa de actos aberto a todos os veciños. Bota a andar o 7 de maio con teatro escolar no auditorio, desta volta con Tanxarina e As bombas e o xeneral. A mesma obra representarase ao día seguinte. Entre o 11 e o 19, na Calzada, haberá unha exposición sobre Fraguas; o 12, o festival das Letras de Con de Xido no Pazo de Torrado; o 13, de cinco a sete da tarde, lectura continuada de obras de Fraguas e Cabanillas; o 15, a tradicional ofrenda do Día das Letras; o 17, concerto e teatro. E a partir de aí, máis música, e máis teatro, e máis música outra vez. Porque sobran os motivos para que cada día, sexa o día das Letras.