A Illa rehabilitará as catro vivendas dos mestres cun investimento de 150.000 euros

La Voz A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

As edificacións utilizaranse para ampliar o comedor, almacén e actividades 

01 mar 2025 . Actualizado a las 12:15 h.

O Concello de A Illa de Arousa rehabilitará as catro primeiras vivendas dos mestres do colexio. Será ao abeiro do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 150.000 euros. As antigas casas dos mestres aproveitaranse de forma integral para as necesidades do centro. Entre os usos previstos destacan a ampliación do comedor escolar, o cal permitirá facer fronte ao aumento de usuarios que está experimentando o servizo.

Tamén se poderán utilizar como almacén e para usos polivalentes, «o que permitirán ao centro organizar mellor as súas actividades escolares e extra programáticas, mellorando a eficiencia do uso do espazo no colexio», segundo informa o alcalde Luis Arosa, que anuncia que nos próximos días presentará oficialmente o proxecto á comunidade escolar para recoller as súas achegas.

«Este proxecto supón un avance importante na mellora das infraestruturas educativas no noso concello. A rehabilitación destas catro vivendas non só mellorará as instalacións do colexio, senón que tamén será un símbolo do noso compromiso coa educación e co futuro dos nosos nenos e nenas», engade o rexedor socialista.