O Céltiga soña con poñer final feliz á súa horrenda semana

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Manolo Núñez recibe o poderoso U.D. Ourense con só trece xogadores do seu primeiro plantel, en medio da crise aberta tras apartar o xoves a Mario Jardel e a Canhoto do equipo

23 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Adeus do inédito Orlando o luns coa baixa do club na man para volver a Inglaterra por razóns persoais. Mario Jardel, tamén sen debutar, e Canhoto, mediapunta titular do equipo, apartados o xoves da disciplina do Céltiga polo seu adestrador, tras faltar a dúas sesións de traballo. Jacobo Millán, incorporado a comezos de semana, fóra da convocatoria ao non ter chegado inda o transfer internacional despois do seu paso este verán polo fútbol australiano. E catro ausencias por sanción, lesión e permiso do club que deixan en mans de Manolo Núñez tan só trece xogadores do seu primeiro plantel para aliñar na xornada de hoxe, incluído un tocado Diego Lamas. Pechar tan horrenda semana cun final feliz antóllase moi difícil, pero non imposible para o cadro illense esta tarde (Salvador Otero, 17 horas) ante a U.D. Ourense, único equipo sen recibir gol na Liga.