A renovación do pulso de raíz galego está garantida coa banda que puxo A Xunqueira a bailar
21 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Se o termo «trad» ten o sentido que foi quen de acadar en Galicia, este vén dado por propostas coma a que De Ninghures despregaron o mércores á noite no escenario da Xunqueira. Difícil pensar nun mellor labor que o que fai esta xente, mergullándose na tradición musical do país para tomar os elementos que, articulados sobre un sistema anovado e aberto, atrapan unha nova xeración encol dos sons e os ritmos de raíz. Abondaba con lle botar un ollo ao público de Vilagarcía. Pólas que medran no tempo, pero tamén no espazo, cunha escolma de temas nas que a base folk enriquécese con riscos de pop, electrónica ou mesmo country, aires flamencos e pousos da boa música africana e oriental.