Verán de música e compromiso en Martín Códax

La Voz

AROUSA

MARUXA ALFONSO

Os Xoves de Códax arrancaron cun concerto de Joaquina e Miguel Lamas

17 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Centos de asistentes gozaron onte da inauguración de Os Xoves de Códax, o programa musical solidario que cada verán converte a terraza da adega cambadesa nun punto de encontro inimitable. A cantautora venezolana Joaquina e o baterista galego Miguel Lamas foron os encargados de abrir esta xeira de seráns de emoción e compromiso cun repertorio íntimo e o solpor sobre o mar de Arousa como tea de fondo. A recadación íntegra do concerto será destinada a financiar un proxecto da asociación Juan XXIII, que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.