O Concello consegue unha subvención de 31.000 euros para a posta en funciomento do proxecto «Sentinelas do mar»
03 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Illa conseguiu unha axuda de 31.500 euros para dotar á Policía Local dunha nova Unidade Móbil de Vixilancia Ambiental. A subvención permitirá poñer en marcha o proxecto «Sentinelas do mar», coa adquisición dun vehículo ECO equipado cun laboratorio móbil para detectar vertidos e protexer o marisqueo e a acuicultura.
Este contará un maletín multiparamédico para a análise de augas, coa finalidade de detectar posibles vertidos de forma inmediata e determinar a súa orixe antes de que poidan causar un impacto maior sobre o medio natural.
O alcalde, Lusi Arosa, amosou a súa satisfacción pola consecución da axuda: «Con este vehículo a nosa Policía Local vai poder detectar vertidos con rigor científico, blindando o traballo das nosas mariscadoras e acuicultores». Arosa engadiu que este proxecto supón «dotar ao Concello de medios propios para a protección do noso principal patrimonio: o mar e as súas xentes». A axuda enmárcase no Fondo de Compensación Ambiental.