Profesorado, alumnado e familia renderon homenaxe á artesá finada hai uns meses
13 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Profesorado e alumnado do instituto do Carril participaron este venres nun acto en memoria de Mar Barral, a artesá carrilexa que finou hai meses e deixou unha fonda pegada no centro. Na homenaxe interviñeron Rosa Gómez, a directora, e Alicia Barral, irmá de Mar, ademais de dúas exalumnas, Alma Hermo Doval e Alexandra Fraga Dios, que ofreceron un contrapunto musical.