Cornazo adianta o Día dos Bosques cunha plantación de árbores

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

20 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, 21 de marzo, conmemórase o Día Internacional dos Bosques. Unha celebración que en Vilagarcía adiantouse a unha xornada lectiva para poder contar coa participación de 46 alumnos de 1.º da ESO do colexio filipense Sagrada Familia, xunta catro docentes e quince traballadores do Servizo de Prevención de Incendios Forestais do distrito Calas- O Salnés.

O acto acadou a forma dunha plantación de árbores que tivo lugar en terreos próximos ao campo de fútbol de Coruxo, pertencentes á comunidade de montes en man común de Cornazo. O Concello colaborou coa iniciativa a través dos concelleiros José María González e Álvaro Carou.