A inscrición estará aberta ata o día 26
17 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Celta de Vigo presentou onte en Cambados o campus que organizará na vila do albariño a vindeira Semana Santa. En colaboración co Juventud Cambados, técnicos do club celeste farán traballo técnico cos rapaces que se inscriban os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, de 09.30 a 14 horas no campo de fútbol do Pombal. O custe, 89 euros, 80 no caso dos xogadores con licenza do Juventud Cambados. A inscrición estará aberta ata o día 26 na páxina web do Celta.